OCIO Y TURISMO: A D.O. Ribeira Sacra aposta por novos mercados en Alimentaria Xornadas enoturisticas na Ribeira Sacra

Publicado el por N.B. / REDACCIÓN (autor)

Localizacion(es): Ribeira Sacra

 (photo: )

A Rede Galega de Empresas conxuntamente coa Asociación Galega de Viticultura está preparando unha xornadas para realizar o mes de Maio sobre Enoturísticas na Ribeira Sacra. E facémolo coa clara conciencia da importancia que ten na economía galega o sector vitivinícola, é en concreto, neste caso a actividade vitivinícola na Ribeira Sacra. Xunto a importancia do turismo e promoción dos produtos agroalimentares da provincia de Lugo.

A D.O. Ribeira Sacra aposta por novos mercados en Alimentaria

Por primeira vez a Denominación participa con stand propio, ademais de estar representada no stand da Consellería do Medio Rural.

A aposta da Denominación de Orixe Ribeira Sacra por Alimentaria, este ano, é unha aposta forte, baseada no convencemento de que a presenza nesta cita abre novas oportunidades de negocio e axuda a consolidar as xa establecidas.

A Denominación acode por primeira vez a Alimentaria con stand propio. A través de audiovisuais e fotografías preténdese levar un pedaciño de Ribeira Sacra a esta feira, que os visitantes entendan a dificultade e espectacularidade do terreo no que se cultiva a vide. Ribeira Sacra é viño, é paisaxe, é arquitectura, é historia, é tradición, é gastronomía,….

Todo nesta terra enténdese en conxunto e esta carta de presentación é a que se leva a Alimentaria. Cun stand vangardista que recolle a esencia, a cultura, a paisaxe e a historia de Ribeira Sacra a través dos seus viños. A iniciativa é unha acción conxunta entre o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e unha decena de adegas, entre todos promocionarase a imaxe de Ribeira Sacra, chegando a un público potencial de 140.000 persoas.

www.empresagalega.org